Termos e condicións da licenza

1 – O uso implica aceptación

Ao acceder ao noso sitio web e comprar, descargar e/ou empregar calquera dos nosos sample packs, garantizas que liches, comprendiches e aceptas os seguintes termos e condicións.

2 – Licenza adquirida – usos permitidos

Mediante a compra de calquera dos nosos produtos, adquires unha licenza non exclusiva, intransferible, con alcance mundial e sen límite temporal, que inclúe os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública (incluíndo a posta á disposición), así como a posibilidade de transformación dos contidos para o seu uso en composicións musicais propias, producións audiovisuais, videoxogos, espectáculos escénicos, etc.

Polo tanto, podes empregar os nosos contidos tanto con fins comerciais como non comerciais, incluíndo, por exemplo, proxectos de investigación.

Podes, por exemplo, empregar os contidos para:

  • Incorporalos ás túas composicións e producións musicais.
  • Incorporalos a producións audiovisuais, multimedia, publicidade, podcasts e emisións de radiodifusión.
  • Utilizalos en actuacións en directo, como concertos ou representacións escénicas.
  • Crear e compartir contido dixital en formato de audio e/ou vídeo en liña, agás cando ese contido estea dispoñible para descarga.

3 – Restricións – usos non permitidos

O anterior non implica que os contidos estean libres de dereitos de propiedade intelectual; simplemente significa que adquires unha licenza para utilizalos libremente en calquera produción sonora, escénica e/ou audiovisual, sen necesidade de compensación adicional.

Está expresamente prohibido:

  • Distribuír, vender, licenciar ou transferir os contidos de forma illada, en formato nativo ou modificados/editados, para o seu uso como mostras (samples), loops, etc., en calquera outra biblioteca de sons ou sample pack.
  • A copia, reprodución, distribución, comunicación pública, posta á disposición ou calquera outra forma de explotación non autorizada do produto adquirido, xa sexa na súa totalidade ou parcialmente.
  • O uso dos nosos produtos para adestrar sistemas de intelixencia artificial.

4 – Créditos

Queda prohibido utilizar e/ou acreditar calquera das nosas marcas ou ás persoas artistas/intérpretes dos sample packs como artista destacado/a, compositor/a, produtor/a ou calquera outra forma de colaborador/a.

5 – Información adicional e de contacto

IMPORTANTE: Unha vez activado o acceso e/ou descarga dos arquivos dixitais, non será posible devolver o produto.

Segundo o art. 103, apartado m) da Lei 3/2014 e seguintes, nos casos en que se subministra contido dixital que non se proporciona en soporte material, cando a execución comezou co consentimento previo do consumidor, non procederá o dereito de desistencia. Ese consentimento considérase outorgado no momento en que o usuario activa o proceso de compra dos arquivos de son.

Neste momento, o usuario acepta que non poderá exercer o dereito de desistencia, xa que o pago activa o acceso e/ou descarga dos arquivos adquiridos.

As condicións xerais de contratación do servizo de venda en liña de produtos intelectuais están accesibles desde a páxina web: https://lindisfarne.site/

O titular do sitio é Alberto García Cernadas, con DNI 54150359X

Para calquera solicitude de información adicional, suxestión ou reclamación, podes escribir ao correo electrónico: samplepack@dev-lindisfarne.vl25896.dinaserver.com