TITULARIDADE DA PÁXINA WEB E DATOS IDENTIFICATIVOS
A páxina web https://lindisfarne.site/ é propiedade de Alberto García Cernadas (NIF 54150359X, correo electrónico para efectos de notificacións: contacto@lindisfarne.site). Esta páxina web créase con carácter informativo, para uso consultivo, así como co fin de facilitar o acceso aos servizos telemáticos de venda. A través do uso da presente páxina, a persoa usuaria acepta expresamente todas e cada unha das presentes condicións xerais de uso. No caso de non aceptalas, deberá absterse de acceder á web.
TERMOS E CONDICIÓNS
O acceso e navegación por esta páxina web supón aceptar e coñecer os avisos legais, condicións e termos de uso contidos na mesma. O acceso á páxina web é responsabilidade exclusiva das persoas usuarias.
CÓDIGOS DE CONDUTA
Infórmase de que a páxina web non está adherida a ningún código de conduta, tanto propio como alleo. No futuro, esta adhesión poderá ser modificada por vontade propia do titular do sitio web sen necesidade de comunicación expresa por escrito ás persoas usuarias.
COOKIES
Unha cookie é un pequeno ficheiro de texto que se almacena no seu navegador cando visita unha páxina web. A súa utilidade é que a web poida lembrar a súa visita cando volva navegar por esa páxina. As cookies adoitan almacenar información de carácter técnico, preferencias persoais, personalización de contidos, estatísticas de uso, ligazóns a redes sociais, acceso a contas de usuario/a, etc., co obxectivo de adaptar o contido da web ao perfil e ás necesidades das persoas usuarias.
Cookies utilizadas neste sitio web
Seguindo as directrices da Axencia Española de Protección de Datos, procedemos a detallar o uso de cookies que realiza esta web co fin de informar coa máxima exactitude posible.
Este sitio web si utiliza as seguintes cookies propias:
● Cookies de sesión, para garantir que quen poida escribir comentarios (de estar habilitados) sexa unha persoa humana e non aplicacións automatizadas.
Este sitio web si utiliza as seguintes cookies de terceiros:
● Google Analytics: almacena cookies para poder elaborar estatísticas sobre o tráfico e volume de visitas desta web. Ao utilizar este sitio web está a consentir o tratamento de información sobre vostede por parte de Google. Polo tanto, o exercicio de calquera dereito neste sentido deberá facerse comunicándose directamente con Google.
● Redes sociais: cada rede social utiliza as súas propias cookies para que vostede poida premer en botóns do tipo “Gústame” ou “Compartir”.
Desactivación ou eliminación de cookies
En calquera momento poderá exercer o seu dereito de desactivación ou eliminación de cookies deste sitio web, no aviso que atopará na páxina de inicio desta web. Estas accións realízanse de maneira diferente segundo o navegador que estea a utilizar. Os navegadores web son as ferramentas encargadas de almacenar as cookies e desde ese lugar debe efectuar o seu dereito á eliminación ou desactivación das mesmas. Nin esta web nin os seus representantes legais poden garantir a correcta ou incorrecta manipulación das cookies por parte dos mencionados navegadores.
PROPIEDADE INTELECTUAL
O titular da páxina web resérvase o dereito a actualizar, modificar ou eliminar a información e os contidos incluídos nesta páxina web. Todos os dereitos sobre os contidos que figuran na páxina web corresponden ao titular da mesma. Neste sentido, queda prohibido calquera tipo de explotación dos mesmos sen autorización expresa do titular. O acceso á páxina web non outorga ás persoas usuarias ningún dereito de propiedade intelectual sobre os contidos aloxados nela. Está prohibido o uso do nome comercial, marcas, logotipo, imaxes, textos ou servizos incluídos nesta páxina web por terceiros sen autorización dos seus titulares. O titular do sitio web resérvase a posibilidade de exercer as accións xudiciais correspondentes contra quen vulneren ou infrinxan os dereitos de propiedade intelectual.
RESPONSABILIDADE POLO FUNCIONAMENTO DA PÁXINA
O titular da páxina web non se responsabiliza do mal uso que as persoas usuarias poidan facer deste sitio web. Poderá, cando o considere oportuno, realizar correccións, melloras ou modificacións na información contida na páxina sen que iso dea lugar nin dereito a ningunha reclamación ou indemnización, nin implique recoñecemento de responsabilidade ningunha.
Tampouco será responsable dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen derivarse da dispoñibilidade e continuidade técnica do funcionamento da páxina. Non garante a ausencia de virus ou outros elementos que puidesen causar danos nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros das persoas usuarias deste sitio web ou de sitios web de terceiros, polo que non se responsabiliza dos prexuízos que se puidesen producir por estas causas.
LEXISLACIÓN E XURISDICIÓN APLICABLE
Calquera controversia que puidese derivarse do acceso ou do uso da páxina web sométese á xurisdición exclusiva dos xulgados da Coruña e os seus superiores xerárquicos. Os termos e condicións que rexen este sitio web e todas as relacións que puidesen derivarse están protexidos pola lexislación española.
POLÍTICA DE PRIVACIDADE
PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
De acordo co previsto na lexislación de protección de datos de carácter persoal, comunícaselle á persoa usuaria/clienta que para acceder aos servizos de venda en liña ofrecidos na web é necesario cubrir formularios de rexistro e proporcionar certos datos de carácter persoal.
O titular da tenda en liña adoptou as medidas e niveis de seguridade esixidos pola Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. Ao cubrir cada formulario e enviar o seu pedido, a persoa usuaria/clienta manifesta o seu consentimento expreso ao tratamento dos seus datos persoais por parte do titular desta web co fin de xestionar administrativamente, comercialmente e os pedidos realizados a través da web.
Infórmase expresamente á persoa usuaria/clienta de que os seus datos persoais serán recollidos e tratados nun ficheiro do que é responsable o titular para o cumprimento das finalidades mencionadas.
Para calquera información relativa a este aviso legal ou a calquera das súas condicións de uso, política de protección de datos, ou exercicio dos seus dereitos de acceso, limitación, rectificación, supresión, oposición e/ou portabilidade, conforme á LOPD, a persoa usuaria/clienta pode dirixirse ao enderezo postal correspondente ou ao correo electrónico: contacto@lindisfarne.site.