As presentes condicións xerais de contratación regulan a prestación dos servizos de venda de produtos intelectuais, servizos prestados polo titular do sitio web https://lindisfarne.site/, Alberto García Cernadas con NIF 54150359X, constituíndo o marco xurídico que regula a relación contractual coa persoa CLIENTE deste servizo.
Como CLIENTE do servizo de venda dos produtos do sitio web, debe primeiro ler e aceptar as presentes condicións xerais de contratación.
Este documento está accesible ao CLIENTE no sitio https://lindisfarne.site/, documento que pode ser visualizado en todo momento polo CLIENTE.
IDENTIFICACIÓN DAS PARTES CONTRATANTES
As presentes condicións xerais de contratación do servizo de venda en liña de produtos intelectuais son subscribidas, por unha banda, por Alberto García Cernadas con NIF 54150359X (correo electrónico a efectos de notificacións shop@dev-lindisfarne.vl25896.dinaserver.com), en adiante, o VENDEDOR, e por outra, polo CLIENTE, cuxos datos persoais son os consignados por el mesmo no formulario de pedido dos produtos.
Estes datos foron introducidos directamente polo CLIENTE, polo que o VENDEDOR entende que son certos, veraces e actuais, segundo se solicita no formulario de pedido. O CLIENTE acepta a obriga de facilitar únicamente datos veraces, exactos, vixentes e completos, e de actualizalos cando sexa necesario para que continúen sendo veraces, exactos, vixentes e completos.
O VENDEDOR, non obstante, proporciona ao CLIENTE a posibilidade de rectificar o erro ou inexactitude nos devanditos datos persoais, se, no momento en que se envíe a confirmación do pedido realizado, o CLIENTE detecta dito erro. Polo tanto, o CLIENTE pode responder ao correo de confirmación do pedido e rectificar ou modificar ditos datos erróneos ou incompletos.
IDIOMA
Os servizos de venda en liña do sitio web https://lindisfarne.site/ proporciónanse a nivel global. A estas condicións aplicaráselles o idioma galego, sendo este o idioma preferente. O CLIENTE acepta expresamente que o galegol sexa o idioma do contrato que o vincula co VENDEDOR.
PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Para acceder ao sistema de venda en liña de produtos intelectuais é necesario cubrir formularios de pedido e subministrar certos datos de carácter persoal. Ao cubrir cada formulario e envialo a través da tenda en liña, o CLIENTE manifesta o seu consentimento inequívoco ao tratamento dos seus datos por parte do VENDEDOR para fins de xestión administrativa, comercial e de tramitación do pedido.
Infórmase expresamente ao CLIENTE de que os seus datos serán recollidos e tratados nun ficheiro cuxo responsable é o VENDEDOR, cumprindo coas medidas de seguridade previstas na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais. Estes datos non serán cedidos a outras empresas.
O CLIENTE poderá exercer os seus dereitos de acceso, limitación, rectificación, supresión, oposición e/ou portabilidade dirixíndose á dirección postal Rúa Santander nº4, Baixo, CP 15007, A Coruña, ou ao correo electrónico shop@dev-lindisfarne.vl25896.dinaserver.com.
CONDICIÓNS DO SERVIZO
Estas condicións xerais aplican ao servizo de venda en liña de produtos ofrecidos na páxina https://lindisfarne.site/. Calquera modificación das condicións, ofertas, promocións ou descontos irá acompañada dun aviso das novas condicións específicas de contratación.
O CLIENTE poderá escoller un produto ou servizo concreto, cuxo prezo se especifica xunto á imaxe do produto, formalizando o seu pedido mediante o envío telemático do formulario dispoñible na web.
CONSERVACIÓN DAS MENSAXES RELATIVAS ÁS TRANSACCIÓNS
Ambas partes, VENDEDOR e CLIENTE, comprométense a conservar toda a información relativa ás súas transaccións electrónicas durante un período de 12 meses.
FORMACIÓN DA VONTADE CONTRACTUAL E VALIDEZ DO CONTRATO
As condicións xerais pasarán a formar parte do contrato no momento da aceptación por parte do CLIENTE, mediante o envío do formulario de pedido unha vez activada a pasarela de pagamento.
O CLIENTE debe entender que estas condicións son suficientes para excluír o erro na formación do consentimento.
PRAZOS
Desde que o CLIENTE envíe o formulario de pedido premendo no botón de “PEDIDO CON OBRIGA DE PAGO”, o VENDEDOR recibirá dito pedido. No prazo máximo de 24 horas, o CLIENTE recibirá confirmación vía correo electrónico cos seus datos, produtos adquiridos, prezo total, gastos de envío e impostos aplicables.
ENVÍO E RECEPCIÓN
O VENDEDOR comprométese a enviar os produtos adquiridos no prazo máximo de 30 días desde a confirmación do pedido, ao enderezo facilitado polo CLIENTE. Este recibirá confirmación do envío por correo electrónico.
FORMA DE PAGO
A pasarela de pagamento dispoñible para o CLIENTE será mediante TARXETA DE CRÉDITO.
DEREITO DE DESISTIMENTO
O CLIENTE acepta ser informado mediante estas condicións dos seus dereitos como consumidor segundo a Lei 3/2014, do 27 de marzo, e a Lei 34/2002, do 12 de outubro.
O dereito de desistimento non será aplicable aos contidos dixitais descargables cuxa execución comece co consentimento expreso do CLIENTE.
Nos produtos físicos, o CLIENTE dispón dun prazo de 14 días naturais desde a recepción para exercer o dereito de desistimento. Deberán devolverse precintados e no seu embalaxe orixinal. Os custos de devolución corren por conta do CLIENTE. Unha vez recibido o produto, o VENDEDOR reembolsará as cantidades pagadas nun prazo máximo de 14 días naturais.
Se a devolución se debe a defectos ou deterioro do produto, o CLIENTE poderá optar pola devolución gratuíta ou a restitución do exemplar sen custos adicionais.
CONDUTA DO CLIENTE
O CLIENTE comprométese a non usar o servizo con fins ilegais. En caso contrario, o VENDEDOR poderá denegar o servizo e devolver as cantidades ingresadas se o contrato non chega a perfeccionarse.
DEREITOS RESERVADOS SOBRE OS CONTIDOS
Sobre produtos físicos:
Estas condicións non outorgan licenza de explotación dos produtos adquiridos. O CLIENTE é usuario dun exemplar, non pode reproducilo, distribuílo, comunicalo publicamente nin transformalo sen autorización expresa do autor.
Tampouco se outorga licenza sobre a marca, contidos, deseños ou datos da web.
Sobre os sample packs:
A súa adquisición implica unha licenza de uso segundo o documento de LICENZA DE USUARIO, que o CLIENTE acepta no momento da compra
NULIDADE PARCIAL
Se algunha parte destas condicións fose considerada inválida por ser contraria á lei, isto non afectará á validez do resto das condicións. Ambas partes comprométense a renegociar as cláusulas afectadas.
LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN COMPETENTE
Ambas partes recoñecen como lexislación aplicable a española, segundo o artigo 1262 do Código Civil.
Para conflitos, ambas partes sométense aos sistemas extraxudiciais de resolución de conflitos previstos no artigo 24.1 da Lei 1/2007 ou, en última instancia, aos xulgados e tribunais do lugar de cumprimento da obriga principal.
RESOLUCIÓN DE CONFLITOS EN LIÑA
Segundo o art. 14.1. do Regulamento Europeo 524/2013, a UE facilita unha plataforma de resolución de litixios dispoñible en: http://ec.europa.eu/consumers/odr
O CLIENTE pode presentar reclamacións mediante esta plataforma.
MÁIS INFORMACIÓN Para información adicional, suxestións ou reclamacións pode escribir a: shop@lindisfarne.site